Tuesday 14 de May de 2024

Touro homenaxea a 800 maiores na súa XXIV Festa da Terceira Idade


A capital Fonte Díaz acolleu nun xantar a casi o 25% dos veciños do Concello

O Concello de Touro reuniu hoxe domingo, 14 de agosto de 2016, en Fonte Díaz, capital do Concello e parroquia de Touro, aos seus maiores para darlles a xa tradicional homenaxe. Ao XXIV Encontro da Terceira Idade de Touro, que este ano fixo a súa 24º edición, acudiron arredor de 800 veciños e veciñas de máis de 60 anos. Hoxe reuníronse casi o 25% dos habitantes de todo o Concello de Touro. O xantar celebrouse na zona de servizos de Fonte Díaz. Aí están ubicadas a nova Casa da Cultura, o novo PAI, a piscina, a área de autocaravanas e a residencia de maiores. Nesta área foi onde se instalou a carpa que acolleu hoxe aos maiores que ata alí se achegaron.

Acudiron arredor de 800 maiores das 19 parroquias que conforman a Concello de Touro. Os dous veciños con máis anos, muller e home, recibiron un recoñecemento. E foron Obdulia Seijo Méndez, natural de Loxo e nacida no ano 1919. Conta, polo tanto, con 97 años. E Manuel Arias Souto, da parroquia de Bama e nacido no ano 1922. Este veciño xa ten 94 anos cumplidos en xullo.

Os asistentes participaron nunha misa campestre, que finalizou arredor das 14.00 horas. Trala misa comenzou o xantar. O comedor para máis de 800 persoas instalouse na área de lecer baixo dúas grandes carpas. Ninguén quedou sen lugar para xantar. O menú estaba composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro con patacas e sobremesas (queixo con marmelo e xeado). Ás 17.00 horas, e despois do xantar, os presentes rendero homenaxe a sete mestres do Colexio de Fonte Díaz xubilados durante os dous últimos cursos. O alcalde tivo verbas de agradecimento para os mestres. E eles tamén agradeceron a homanaxe do pobo de Touro. Os asistentes tamén poideron disfrutar da música. A festa estivo amenizada pola Banda de Música Isabel II de Touro. Ao remate do xantar actuou o dúo ‘Eva e Camilo’. A celebración, que pretende ocupar o tempo libre dos maiores, rematou ben avanzada a tarde.